O PROCESO: ¿COMO SE ELABORA O NOSO ALBARIÑO?

A vendima arranca cando a uva chega a unu contido en azúcares suficiente para transformarse nuns 12 – 12,7º de alcohol. Neste proceso, a aportación do noso enólogo mediante a técnica da cata de uva é fundamental.

Cando o fruto se desfai fácilmente ó masticalo, vacío de acidez e sequedade, a súas pepitas son de marrón oscuro e sabe a tostado. “Este é o seu momento óptimo de maduración fenólica: a que nos capacita para obter viños lonxevos e con ese carácter terroir tan especial”, sentencia Xoan Carlos.

As uvas son seleccionadas manualmente no viñedo durante a recolección, e posteriormente transportánse á adega en caixas de non más de 20 kg para que cheguen intactas e sen oxidacións prematuras.

EN VENDIMA, 2017

A recollida da uva de 2017 levouse a cabo entre o 14 e o 21 de stembro. O tempo portose ben con nós, ó facer temperaturas suaves durante todo o verán e ter caído as chuvias xustas para as necesidades hidráulicas das cepas, polo que a uva madurou de forma óptima.

O resultado foi o dunha colleita novamente equilibrada, coa madurez e acidez necesarias para dar o brillo característico ós nosos albariños.

Tras a recollida da uva, chega o turno do arte na adega, onde o enólogo se convirte en autor.

Pero esta parte contámoscha na seguinte páxina da da historia.