CARBALLAL: UNHA HISTORIA DE AMOR POLA VITICULTURA

Tradición e Innovación

Na nosa adega das Rías Baixas apostamos por que a tradición que nos caracteriza, tras máis de 40 de percorrido, se complemente coa constante procura da innovación. Queremos elaborar albariños auténticos, capaces de seducir dende dentro e dende fora. É por esta razón que decidimos asumir riscos que nos levan a ser unha das adegas con máis iniciativas e proxectos.

  • O noso pai, Benito Vázquez, foi un dos impulsores das primeiras plantacións de albariño nas Rías Baixas nos anos 70. É o fundador da nosa adega, distinguido como Cabaleiro do Albariño e condecorado cunha Medalla de Galicia no ano 2005 pola súa traxectoria emprendedora. Foi el quen nos transmitiu a ilusión e a mentalidade do traballo auténtico nas viñas.  
  • Nos 80s formamos parte do pequeno grupo de viticultores e bodegueiros que impulsaron a constitución da D.O. Rías Baixas.
  • Somos unha das poucas adegas (cóntanse cos dedos dunha man!) que, a día de hoxe, contan con cepas vellas no seu viñedo. Con elas, elaboramos Albariño Carballal.

 

  • Fomos a primeira adega do Salnés en adquirir envses de aceiro inoxidable para a elaboración de Albariños. 
  • Somos pioneiros no mantemento do viñedo con cuberta vexetal permanente. No seu día poucos crían na eficacia deste método. Porén, hoxe sabemos que esta cuberta é o mellor para a cepa: axuda á súa lonxevidade e á maduración da uva, evita o estrés das cepas, aporta materia orgánica natural e incluso colabora coa sostenibilidade do planeta ao reter o CO2 no chan.
  • Dende 2004 elaboramos o que foi o primeiro coupage do Salnés, o chamado 7 Cepas, elaborado con albariño, loureiro e treixadura.
  • En 2015 lanzamos Floreano e Punto, un albariño que leva ao extremo a elaboración artesanal ao macerar la uva como se facía nos viños de sempre.
  • Pronto tamén seremos os primeiros en elaborar un albariño cun nivel de sulfitos por debaixo dos 40mg/litro; un desafío enolóxigo para o que, de novo, situámonos na primeira línea de saída. O seu nome, unha declaración de intencións: Prólogo.