COMO ELABORAR O MELLOR ALBARIÑO

VITICULTURA SOSTIBLE

Na nosa adega familiar, a viticultura sostible é unha norma da que parte todo o demáis. As cepas desenvólvense nun chan con herbas controladas por sega e nútrense de fertilizantes de base sempre orgánica. Además, en Carballal aínda poñemos en práctica a labor case ancestral de atar os sarmientos das cepas ós fíos metálicos mediante o bimbio.

  • Parcela en Ribadumia: CARBALLAL

Situada ó pé do Monte Castrove, en pleno Val do Salnés, a súa ubicación en ladeira facilita a maduración óptima da uva incluso en épocas de elevada pluviometría, ó permitir unha sinxela drenaxe da auga sobrante.

Esta finca exténdese por unha superficie total de 3,4 Has cheas de verde, parras e a nosa característica uva albariña. Delas, 2 Has está ocupadas polas cepas máis vellas, plantadas polo noso pai nos anos 70. A súa antigüidade é clave para dar a súa inconfundible personalidade ó noso clásico de adega, o Albariño Carballal.

 

  • Parcela en Caldas de Reis: A GRANXA

Esta finca de 2,4 Has está situada ó pé do Monte Xiabre, no término municipal da vila termal de Caldas de Reis.

A súa superficie está cuberta por tres variedades de uva autóctonas: albariño, loureiro e treixadura. Da perfecta combinación entre as tres nace o blanco 7 cepas, que pode así presumir de ter o aroma floral e afrutado do albariño, os matices vexetais e frescos do loureiro e o corpo delicado da treixadura.

  • Visita una Adega da D.O. Rías Baixas

Se estas breves descripcións xa che abriron o apetito de coñercernos, a nosa adega estache esperando cos brazos abertos e as botellas descorchadas.

Ofrecémosche tanto a opción de visitar as instalacións como de facer unha cata comentada co noso enólogo, Xoan Carlos Vázquez.