A NOSA ADEGA: ARQUITECTURA E FUNCIONALIDADE
A nosa adega foi reconstruida en 2011 e recentemente foi reformada para adaptarse cada vez máis tanto ás necesidades do proceso de elaboración do viño como ás comodidades do visitante.
O seu deseño, contemporáneo e funcional, encóntrase perfectamente integrado no entorno natural dos viñedos, a cuxa orografía se adapta para prestar un mellor servizo ó proceso e satisfacer tamén o pracer estético que calquera mirada prefiere toparse.
A súa localización, en plena finca, facilita que o tempo que transcorre entre a recollida da uva e o seu procesado inicial sexa mínimo.
O interior mantense cunha temperatura fresca durante todo o ano, e está dividido en cattro niveles para permitir o procesamento da uva por gravidade.
O PROCESO NA ADEGA
1. O primeiro que les ocorre ós acios cando entran na bodega é que son despalillados e logo exprimidos mediante un prensado neumático a baixa presión.
2. A continuación chega a hora dun proceso de nome peculiar, pero importante: o desfangado estático. Nesta fase, o mosto permanece 48h reposando en depósito co fin de que, por precipitación natural, chegue perfectamente puro ó envase de fermentación alcohólica a 20º
3. É nese intre cando actúa a fermentación maloláctica, na que o viño se redondea e se vai volvendo máis complexo. Ao final do proceso deixamos que as lías finas interactúen co noso viño durante meses para chegar a imprimirlle outro punto máis de finura.
4. Ao final, o viño é coidadosamente embotellado, etiquetado e almacenado para a súa distribución e posterior disfrute. Un só, ou na mellor das compañías.